A mellor páxina en galego dedicada a Jules Verne é obra de alumnos/as de 1º. ESO do Instituto Sánchez Cantón de Pontevedra. Coñecemos este traballo nas Xornadas de Bibliotecas Escolares e agora xa está na rede, xunto co tamén magnífico Mulleres que recomendamos visitar. Velaquí un pequeno adianto:
Biblioteca do IES Sánchez Cantón
As palabras ocultas
Capitán Nemo en Vinte mil leguas de viaxe submarina. Nemo en latín significa “ninguén”. Verne busca nesta palabra latina o significado que encerra a súa acción: Nemo renegou do mundo e el mesmo destinouse a vivir para sempre lonxe de todos e de todo.
Ardan que é o apelido do intrépido Michel Da Terra á Lúa é un anagrama da palabra Nadar , que é o pseudónimo de Felix Tournachon, un famoso fotógrafo da época.
Alcides Pierdeux é o nome orixinal dun dos personaxes da novela O segredo de Maston . Este apelido pódese dividir en tres partes ( pi-r-deux ) o cal significa pi-erre-dous, sendo unha clara alusión á área da circunferencia
No caso de Phileas Fogg ( A volta ao mundo en oitenta días ). Dise que o apelido Fogg vén da palabra inglesa fog (néboa) e que Phileas vén do latín filius (fillo), o que daría “fillo da néboa”.
Robur (personaxe principal de Robur o conquistador e Dono do mundo ) vén da palabra robust, que significa forza, robustez; Urrican, apelido dun dos participantes en O nobre xogo dos Estados Unidos (O testamento dun excéntrico) suxire a palabra francesa hurricane (furacán), mentres que nesta propia historia Foley, apelido de Jovita, que é outra das competidoras do xogo, suxire a expresión folie ( loucura, desatino ).
No hay comentarios:
Publicar un comentario