Toda humilde belleza... Do ermo |
Explicamos todo ese léxico que vai do popular ao cultismo: as doas ou abelorios dos colares; o vermiño de luz que en Betanzos tamén chaman lucecú (vagalume); o encaixe das blondas; os fulgores e o numen latino ou inspiración dos artistas.
Pasamos do dicionario á enciclopedia para explicar dúas características da obra de Noriega que na madurez de 2º de bacharelato aínda custa comprender. O franciscanismo militante, a busca da beleza e o sentido da vida nas cousas pequenas e humildes: unha pinga de xeada pendurada dunha tea de araña... E a misantropía.
─É certo, parece un homelobo.
─Misantropía, non licantropía. Aversión ao trato humano.
Toca o timbre e xa ninguén escoita o tema da próxima redación que debe comezar con Toda humilde beleza me...
POESÍA
Autor/es: NORIEGA VARELA, A.
Publicación: VIGO : XERAIS, 1991
Localización: 821.1-1/NOR/poe
Nº rexistros: 1618 e 3241
Comentarios en
LECTURAS DE NÓS. INTRODUCCIÓN Á LITERATURA GALEGA
Localización: 82.1/GUT/lecNº rexistro: 904
1 comentario:
Son o primeiro en comentar. Son o mais rapido, xa, xa, xa. Viva eu :-).
Publicar un comentario