Cinema, convivencia e cidadanía (Algunhas películas para traballar co alumnado)




Estes días chegou ao instituto material desde o Seminario Galego de Educación para a Paz con propostas para a celebración o vindeiro 30 deste mes do Día Escolar pola Paz. Entre elas atópase unha relación de películas para traballar co alumnado sobre diversos temas e moitas destas películas temólas na nosa biblioteca, algunhas delas con guía didáctica para mellorar o resultado.
A relación de devanditas películas que nestes momentos están á vosa disposición na biblioteca así como a temática que tratan, é a seguinte:


Hotel Rwanda (Xenocidio)
La edad de hielo ( A educación afectivo emocional)
Cinema Paradiso ( A amizade)
Sólo un beso ( Interculturalidade)
Los lunes al sol ( Educación social: o rostro da miseria)
Los chicos del coro, Los cuatrocientos golpes ( Cine para docentes)
La espalda del mundo ( Pena de morte)
El tercer hombre ( Valores e contravalores no cine)
A mi madre le gustan las mujeres ( Os conflictos no cine)
Billy Elliot ( Cine para convivir)
Te doy mis ojos (O machismo violento)
El bosque animado ( Educación medioambiental / Rodado en Galicia)
El hombre del brazo de oro ( A prevención das adiccións)
O lapis do carpinteiro e A língua das volvoretas ( Rodado en Galicia)

Máis películas na biblioteca

1 comentario:

Marga dijo...

Todas na biblioteca malia que algunhas non enlacen correctamente