Os diarios vermellos



Gemma Lienas

O diario vermello de Carlota


Velaquí unha novela que é algo máis ca unha novela. Un diario que reborda os lindes do personal para achegarnos as experiencias sexuais de Carlota. O primeiro coito, o coñecemento dos xenitais femeninos e masculinos, o embarazo, os anticonceptivos…
Un libro para que as rapazas se coñezan mellor e para que os rapaces saiban entender a sexualidade das mozas.

Andreu Martín e Jaume Ribera

O diario vermello de Flanagan

Animado pola súa amiga- e algo máis que amiga- Carlota, Flanagan empeza a escribir un diario no que recolle as súas primeiras experiencias sexuais, as súas dúbidas e os seus descoñecementos neste ámbito. Porque falar de sexo é moi importante. Tan importante como saber o que pode representar manter unha vida sexual plena, satisfactoria e responsable.

1 comentario:

Marga dijo...

A próxima semana xa estarán catalogados para que os podades levar en préstamo.