Recolocando nunha estantería os libros que quedaran medio esquecidos, o pesado traballo converteuse en sorrisos.
Agochados baixo o peso grave de dous voluminosos tomos con miradas salvaxes nas súas capas (Enciclopedia animal) estaban os Golfiño. Lembrades? Esa colección de cómics dominical que ofrecía de balde a Voz de Galicia.
Como comprenderedes púidome máis a curiosidade lectora que a necesidade de reorganizar o pouco espazo para uns dos meus bens máis prezados, e relín algún deles. Lembreime de vós e decidín compartir un dos meus sorrisos. Velaí vai.

1 comentario:
touros, porcas e supergalos...señor, señor... como andan estas bestas
Publicar un comentario