A través deste apartado amosaremos a opinión do alumnado con respecto ás propostas de lectura.
Cor respecto a De fel e mel de Patxi Zubizarreta dixeron cousas como estas:
" Este libro gustoume pois fala de algo que pasa na realidade e demóstrase o trato que lles damos aos inmigrantes, cando son iguais ca nós" Mónica Loureiro Varela, 4º ESO-A.
" Gustoume o libro porque Selim fixo moitas viaxes a moitos sitios e coñeceu un lote de xente. Cando o meteron no cárcere tivo a sorte de coñecer unha persoa que lle axudou para que poidese saír. En todos os sitios coñeceu xente para que lle fixesen as noites e os días máis levadeiros.
Recomento a súa lectura porque nos aprende que debemos axudar os demais" Lourdes García Vales, 4º ESO-A.
"Gustoume porque é interesante ver desde dentro as penurias que ten que vivir Selim para poder chegar a un país no que ó final será tratado mal, terá contratos ilegais, sufrirá racismo e para iso sofre torturas, viaxes nun camión apretado, todo tipo de tratos inhumanos. Pero ó mesmo tempo conta unha historia bonita, e en certos momentos incluso de amor. A historia dun rapaz que a pesar das adversidades non se rende e consegue os seus obxectivos". Adrián Fernández Cao, 4º ESO-A.
De fel e mel
Selim naceu en Imlil, unha aldeíña do Atlas marroquí. Cada ano, polo verán, alí chegaba o flamante Renault de Mohamed, un veciño emigrado en París. Selim decide iniciar o mesmo camiño: unha longa viaxe cara a Francia na procura de fortuna. Dende as rúas de Marrakesh, onde malvivirá traballando en fedorentas tinturerías e como guía turístico, Selim viaxará ata a península na caixa dun camión. Percorrerá diversas comunidades ata chegar ao País Vasco. Na súa estadía atopará o amor e a amizade, pero tamén sufrirá o pesadelo da súa condición de emigrante ilegal. Esta novela de Patxi Zubizarreta é unha denuncia, enchida de tenrura, do contrabando de persoas. A cultura popular do Atlas marroquí (as tradicións, as formas de vida…), a memoria da tradición oral das lendas do pobo beduíno, a denuncia da tortura, o transporte ilegal de emigrantes, a vida nas pateras, o mercado de traballo fraudulento, a problemática do racismo e da xenofobia… son algúns dos temas desta novela de grande actualidade.
FICHA AUTOR
Patxi Zubizarreta (1964) escribe en euskera. Ten publicadas obras para cativos O pastel dos venres (1998), Magali por fin o sabe... (1999); para mozos El Chico que fue Hombre, Verano de 1948, Atlas sentimental...; e para adultos (Tejanos en el frigo). De fel e mel (Xerais 2001) é a súa primeira novela xuvenil traducida a lingua galega.
1 comentario:
benvida a esta tolemia dos blogs, un tema moi actual e ademais coa participación dos alumnos.
Chapeau !!
Publicar un comentario