Xa é oficial

O pasado venres 8 de setembro de 2006 saíu publicado no Diario Oficial de Galicia a orde pola que se resolve a convocatoria do Plan de mellora de bibliotecas escolares en centros públicos non universitarios de titularidade da Consellería de Educación e Ordenación Universitaria, para o curso 2006/2007.

A nosa biblioteca intégrase neste plan de mellora como froito do esforzo realizado durante dous anos por un grupo de persoas que puxemos toda a nosa ilusión nun proxecto de biblioteca escolar.

Acceso ao arquivo pdf da orde.

Grazas a todos os que prestaron a súa colaboración, animáronnos e regaláronnos o seu recoñecemento.

2 comentarios:

Catuxa dijo...

A vista da vosa traxectoria, non temos ningunha dubida de que o merecedes!!!

Felicidades!

Antonio dijo...

grazas a ti tamén, Catuxa, por levar referencias do noso blog a distintos lugares.