Yahoos son seres marxinais e dexenerados, que habitan na illa dos Houyhnhnm explorada por primeira vez polo Capitán Lemuel Gulliver na súa cuarta viaxe. A raza dos Houyhnhnm son os que dominan na illa, estes son cabalos intelixentes que teñen ós yahoos escravizados e os utilizan como bestas. En un primeiro momento, Gulliver pensa que son feos e revulsivos, na súa aparencia e comportamento, pero máis adiante, (4 parte cap.2/4) decátase que os yahoos teñen moito en común con seres humanos e trata de ocultar o feito de que os yahoos forman parte da raza humana. Avanzando o capitulo 4 Gulliver descubre que hai unha lenda local que afirma que o primeiro yahoo é descendente de unha parella humana que sobreviviu a un naufraxio fai moitos anos.
A época na que Swift escribe é época de investigacións xeográficas e grandes viaxes, o que afecta á literatura (tamén Defoe escribe o seu Robinson sobre un naufraxio) semella que a idea dos yahoo nace de certas lecturas do autor sobre viaxes a lugares exóticos con certos primates e animais non vistos antes na Europa.
Swift utiliza a sátira para facer unha crítica da política e sociedade da súa época, e foi unha crítica tan dura, que tivo problemas para atopar un impresor que osase publicar As viaxes de Gulliver (Gulliver’s Travels) e cando o atopou, este censurou o texto para evitar problemas maiores.

PEQUENA CRONOLOXÍA DE SWIFT
1.667 Swift nace en Dublin.
1.699 Ano no que sitúa a primeira viaxe de Gulliver.
1.713 É nomeado Dean de St. Patrick en Dublin.
1.715 Gulliver volve a casa.
1726 Publicación de Gulliver’s Travels.
1.742 Swfit perde a cordura.
1.745 Morre en Dublin.

No hay comentarios: