Co gallo da conmemoración do seu nacemento, o 24 de febreiro de 1837, reunímonos hoxe na biblioteca para renderlle unha sinxela homenaxe a Rosalía de Castro. Comezou coa escenificación biográfica a cargo da nosa intérprete rosaliá Dores. Correu o acertado recital lírico, co aderezo musical de Adrián e Xil, nas voces de 2º. de bacharelato: Sonia, David, Alberto, Iria, Ana, Silvia, Álvaro e Félix. Finalmente, agasalláronnos cunha docísima interpretación a capella do “Negra sombra”.
Grazas por facer vivir esta mañá a música e a poesía.
1 comentario:
o recital de poemas de Rosalía gustou e emocionaou a todo o público que asistimos ó mesmo. Noraboa!
Publicar un comentario