No 13 de Febreiro do 1.944 comeza o bombardeo Británico e Americano á cidade Alemá de Dresde e continua ininterrompidamente durante 48 horas. A cidade é destruída, mais de 135,000 persoas morren, mulleres e nenos na meirande parte. Kurt Vonnegut estaba alí (como prisioneiro de guerra do exército Alemá) e tarda vintecinco anos en completar a descrición da súa experiencia.
No 1.969 publica a novela Slaughterhouse-Five (Matadoiro – cinco) onde as súas experiencias do bombardeo son mixturadas con sátira, humor negro e ciencia ficción. Cando se publica, considerase “a grande novela antibelicista” dos Estados Unidos (recordade que foi publicada no 69 durante a escalada de Vietnam).
“...looked like a streetcar full of people who’d simultaneously had heart failure.Just people sitting in chairs, all dead”
“... (o refuxio) semellaban un bus cheo de xente que tivese sufrido un ataque ó corazón simultáneo. Só persoas sentadas en cadeiras, todas mortas.”

No hay comentarios:
Publicar un comentario