Somos as rapazas e rapaces de Literatura Galega do Século XX do IES As Mariñas e suxeríusenos non sermos pasivos ante a maxia da literatura, non quedarnos con ler e comentar, senón interactuar, ser de cando en cando os creadores. Este caderno é o resultado.
Non hai máis pretensión na nosa obra que a ilusión de ser nosa e por iso a valoramos. Tamén porque se ficasen os textos nas carpetas morrerían no esquezo e así, de cando en cando, podemos botar man deste número inaugural de LITER_ACTÚA e o ronsel efímero do curso voltará coa maxia da palabra impresa.
A imaxinación de Gonzalo deulle nome e aínda que vexa a luz no antroido non o miredes como antroidada, porque agardamos que vos guste e para fin de curso ofrecernos e ofrecervos un novo número. ¿E despois? Tal vez, só tal vez, outros o próximo curso se animen a darlle continuidade... A dorna fixóse ao mar e do seu destino nada sabemos, pero as inauguracións son lendas e non aceptamos o "Requiem", mellor longa vida a:
LITERACTÚA
Deseño de portada: Gonzalo Sanduende Gómez (pincha na imaxe para vela ampliada)
Colaboradores:
Ana Blanco Álvarez
Sergio Castro García
Cristina Fuentes Amor
Alberto Gómez López
Carolina López Amor
Félix Rico Paz
Gonzalo Sanduende Gómez
Álvaro Vidal Santos
Alberto Bolaño Vázquez
Silvia Dopazo Río
Iria García Sanduende
Sonia Gómez Pedreira
David Pita López
Salome Sánchez Mosquera
Rebeca Valiño Remuiñan
Coordina: Dores Cao García
2 comentarios:
¿Y para conseguir un ejemplar para la seccion de coleccionismo de mi biblioteca?
Felicidades para estes alumn@s capaces de facer unha revista tan boa!
Publicar un comentario