Dickens

Charles Dickens (1.812 – 1870)

Nace o 7 de Febreiro de 1.812, polo que está de festa. Despois de unha infancia difícil, acaba sendo o escritor mais prolífico da súa época Escribe novelas por entregas e, a miúdo, desenvolve os argumentos baseándose na aceptación con que estes son recibidos polos lectores.

223 películas se teñen feito das súas obras, según the Internet Moving Picture Database e unha das últimas é Oliver dirixida por Roman Polansky.. Oliver Twist é a historia de un neno que vive na marxinación, orfo e pobre, non ten outra opción que a mendicidade e o pequeno roubo para sobrevivir. Seguramente parece este un tema moi actual, pero moita miseria había na época Victoriana na que escribe Dickens. Esta foi unha das primeiras obras do autor, influenciada por recordos da súa propia nenez. Quen diría que Dickens remataría sendo un dos grandes da literatura inglesa cando empeza traballar nun obradoiro á idade de 12 anos.

LISTA DE ENLACES:
http://www.epdlp.com/escritor.php?id=1646
El poder de la palabra
http://www.imdb.com/name/nm0002042/
The Internet Moving Picture Database (Inglés)
http://www.sonypictures.com/homevideo/olivertwist/index.html
Web oficial da pelicula Oliver
http://www.rebelion.org/noticia.php?id=24384
entrevista con Polansky
http://news8.thdo.bbc.co.uk/hi/spanish/misc/londres_londres/newsid_3671000/3671001.stm
Londres para os sen fogar.
http://es.wikipedia.org/wiki/Victoria_I_de_Inglaterra
Raiña Victoria na Wikipedia

No hay comentarios: