Coñecida como a “raíña do deserto” levou unha vida excepcional. Viaxou por Oriente sendo a primeira muller occidental que visita a cidade de Palmira (e isto vestida de home) tamén a primeira que entra en Damasco.Tras sufrir varias vicisitudes e desenganos amorosos, entre os que non foi o menor a morte de Sir John Moore na Coruña, de quen se di que morre con o nome de Hester nos beizos, decide abandonar Inglaterra (1.810) e viaxa por Oriente.
Din que Lord Byron, que tanto gusta de accións teatrais, achegouse nadando ao barco que a levaba a un porto grego, o que axuda a imaxinar a expectación que levantaba alí por onde ía. Continuou viaxando até acabar os seus días en unha aldea Drusa. Escribe longas cartas narrando as súas aventuras, aínda que nunca publica nada. O seu médico que a acompañou algún tempo, é o autor da súa biografía.
O texto que sigue é un fragmento de unha das súas cartas onde narra un naufraxio e os problemas a os que tivo que enfrontarse, problemas que certamente hoxe non o serían, pero que mostran a mentalidade da época, o difícil que era a vida para as mulleres:
...O que vou relatar é algo extraordinario, porque non só escapei de un barco que afundía, se non que permanecín no mar en un bote do que ninguén pensaría que podería resistir a forza da tempestade máis de cinco minutos. Puxen pé en terra primeiro en un illote no mar, e permanecín alí trinta horas, sen alimentos nin auga. O tempo acalmou a segunda noite e volvemos ó bote, afortunadamente atracamos na illa de Rodas, pero a tres días de distancia da cidade, camiñando unha media de oito horas ao día, atravesando montes. .....................// perdín todo o que eu tiña; Se eu tiver intentado salvar algo, os demais terían feito o mesmo, e o bote podería ter afundido. Conseguir roupas en esta parte do mundo para me vestir como unha inglesa era practicamente imposible; custaría tanto como vivir aquí durante dous anos. Vestir como unha muller turca non podía ser, pois non podería ser vista falando con un home; Por todo isto, non teño outra saída que vestir como un turco –non como os turcos que estás afeito a ver en Inglaterra, se non como un turco asiático en roupas de viaxe.
Traducción do orixinal inglés: The Oxford Book of Letters. Edited by:Frank and Anita Kermode,
Oxford University Press 2.003

No hay comentarios:
Publicar un comentario