A lectora Amparo



“Hubo en cada taller una o dos lectoras; les abonaban sus compañeras el tiempo perdido, y adelante. Amparo fue de las más apreciadas, por el sentido que daba a la lectura; tenía ya adquirido hábito de leer, habiéndolo practicado en la barbería tantas veces. Su lengua era suelta, incansable su laringe, robusto su acento. Declamaba, más bien que leía, con fuego y expresión, subrayando los pasajes que merecían subrayarse, realzando las palabras de letra bastardilla, añadiendo la mímica necesaria cuando lo requería el caso, y comenzando con lentitud y misterio, y en voz contenida, los párrafos importantes, para subir la ansiedad al grado eminente y arrancar involuntarios estremecimientos de entusiasmo al auditorio cuando adoptaba entonación más rápida y vibrante a cada paso. Su alma impresionable, combustible, móvil y superficial, se teñía fácilmente del color del periódico que andaba en sus manos, y lo reflejaba con viveza y fidelidad extraordinarias. Nadie más a propósito para un oficio que requiere gran fogosidad, pero externa; caudal de energía incesantemente renovado y disponible para gastarlo en exclamaciones, en escenas de indignación y de fanática esperanza. La figura de la muchacha, el brillo de sus ojos, las inflexiones cálidas y pastosas de su timbrada voz de contralto, contribuían al sorprendente efecto de la lectura.”
EMILIA PARDO BAZÁN.
La Tribuna


Houbo lectoras nos talleres. A primeira novela española de protagonismo obreiro e ademais pioneira en documentar o traballo urbano feminino documenta tamén a existencia da lectora en voz alta na antiga fábrica de tabacos da Coruña.
La Tribuna é Amparo, a filla dun humilde barquilleiro e cigarreira como o foi a súa nai. Espelida de seu para aprender a ler nos poucos anos de escola infantil que lle tocaron e perfeccionada esa cualidade a favor da causa revolucionaria. Da súa voz no viciado aire dos talleres nace gran parte da concienciación e a incitación á loita obreira das súas compañeiras.
Pero a pesar de ser unha novela naturalista para a cal a Pardo Bazán, señorita e aristócrata, visitou durante varios meses a fábrica e logo describiu minucionamente as penosas condicións de vida e a dureza do traballo, non deixa de ser unha novela. O argumento é a fabulación dunha relación socialmente inaceptable ente a cigarreira Amparo e o mozo, militar e burgués, Baltasar. Do desengano amoroso nace a conciencia de clase e sobre todo un fillo o mesmo día da proclamación da I República.
Encadeando a fabulación coa realidade non é imposible imaxinar a unha lectora Amparo lendo ademais de xornais revolucionarios, algunha célebre novela de amor e outros encargos. Quizais os amores dunha tal Carmen.


LA TRIBUNA
Autora:
PARDO BAZÁN, EMILIA
Editorial:
CÁTEDRA 1991
Localización: 821-3 / PAR / tri
---ooo---
Vida e obras na
Biblioteca Virtual Cervantes.

No hay comentarios: