Xuntado tabaco e lectura, lembramos a orixe do nome dos xarutos Montecristo, disque os cigarros habanos máis vendidos no mundo. Como non se pode facer publicidade do tabaco, vai sen enlaces.
É unha historia da lectura en voz alta. Até ben entrado o século XX poucos traballadores das fábricas sabían ler. Daquela os traballadores das tabacaleiras pagaban do seu peto a un lector que repasaba en voz alta os xornais sindicais, lecturas instrutivas ou novelas. A obra de Dumas (pai) tivo grande éxito entre os torcedores da fábrica de La Habana, onde se orixinou a marca que aínda leva o nome e as dúas espadas cruzadas e a flor de lis, emblema do Edmundo Dantes, Conde de Montecristo.
¿Alguén sabe se na antiga Fábrica de Tabacos da Coruña existía esta praza de “lectora”? Quizais o poidamos consultar nesta obra:
AS TECEDEIRAS DO FUME---ooo---
Autor/es: ALONSO ÁLVAREZ, LUÍS
Editorial: PROMOCIÓNS CULTURAIS GALEGAS, S.A. 1998
Localización: 940.1/ALO/tec
P.D.: Anotamos unha grande lagoa da nosa biblioteca: non figura no catálogo ningún Dumas, nin pai (Os tres mosqueteiros) nin fillo (A dama das camelias).
No hay comentarios:
Publicar un comentario