Roxín Roxal

As alumnas de Educación de Adultos (ESA-nivel IV), Raquel e Gemma, deixámosvos para ler a seguinte lenda.

A lenda da Ponte do Porco

    Don Nuno Freire de Andrade, señor de Pontedeume, tiña unha filla fermosa e inqueda chamada Tareixa. Tiña tamén ó seu servicio un doncel lanzal de corpo, ledo, loiro e sorrinte ó que chamaban Roxín Roxal. En tan boa estima o tiña don Nuno que certa vez regaloulle o seu puñal de prata

   - Defende con el ós teus señores.

   - Así o farei.

   Mais quixo o destino que entre Tareixa e doncel nacese un amor imposible. Don Nuno, ó sabelo, perdeu o siso:

   -Ou casas con Don Henrique Osorio, nobre coma ti, ou Roxín Roxal perderá a vida.

   Tareixa casou con Don Henrique, e Roxín Roxal pasaba di e noite comesto de melancolía. Un serán de outono don Nuno sorprendeuno á ollar languidamente para a xanela pechada da cámara nupcial da forzada parella.

   - Marcha das miñas terras, Roxín Roxal.

   Don Henrique non sabía que facer para gañar a admiración da súa esposa. Un día, contra o que era costume, convidouna a presenciar a cazata dun porco bravo que estragaba as colleitas dos campesiños da comarca. A partida chegou ata a beira do Lambre. Alí aparece o porco bravo. Ameaza, gruñe, regaña os dentes ós cazadores. Henrique Osorio colle o arco e apunta. A frecha voa e fire ó porco no lombo. Non o mata; faille ferver o sangue. A fera abalanzase sobre dona Tareixa e fírea de morte. Don Henrique, o covarde, foxe espavorecido guindándose da ponte abaixo mentres o xabarín esnaquiza a súa dona.

   A traxedia contouse arredor de todas as lareiras. Non había ninguén que non soubese da dureza de corazón do pai, e da covardía do xenro, do amor infinito do doncel. E de alí a uns días, de mañá, un vulto negro apareceu no medio da ponte. Moita xente achegouse. Era un porco bravo, morto. No pescozo ensanguentado estaba cravada ata a empuñadura de prata que don Nuno lle regalara, aquel día, a Roxín Roxal. Desde entón aquel lugar coñécese co nome de Ponte do Porco.

Recollido pola Asociación Cultural Libre Roxín Roxal.

Outra versión desta lenda

Versión en castelán

pontedoporco

Enlaces a outras lendas galegas:

Lenda de San Andrés de Teixido

Lendas de Pontedeume

Lendas de Vigo

Lendas de Moaña

Varias lendas

Categorias: Curiosidades

Escrito por: Invitado

Comentarios
Antonio dice:

05-05-2005 19:16:36

Extraordinario artículo, os animo a que continuéis.

No hay comentarios: