Grazas ao noso compañeiro Penide, coñecemos o xornal escolar do IES de Curtis. Curco Novas xa vai polo número 4, elaborado polo alumnado e editado polo Equipo de Normalización Lingüística do centro. É un auténtico xornal: a cinco columnas, fotos de portada en cor, noticias, reportaxes, entrevistas, cartas ao director. Por el entereirámonos de interesantes actividades da vida do centro como a emisión de programas de radio que se pode escoitar pola rede… Ou xa falando de libros, da situación da Aula Municipal de lectura de Sobrado e da Biblioteca Munipal de Teixeiro.
En fin, queda un exemplar depositado na nosa biblioteca de igual xeito que se outros compañeiros queren facernos chegar as súas publicacións serán benvidas e agradecidas.
Categorias: Xeral
Escrito por: Serafín
No hay comentarios:
Publicar un comentario