Nos alicerces do IES As Mariñas

Ao remexermos no fondo da biblioteca, achamos documentos que durmiron décadas sen ver a luz e reviven por un momento nas nosas mans. Da CDU de historia que estamos arrombando estes días, moveuse un lixeiro folleto da métade do século pasado que documenta a orixe do noso instituto.
Trátase, nin máis nin menos, da Carta fundacional del Patronato de Formación Profesional de Betanzos, editada pola Papelería e Imprenta Lombardero e datada en agosto do ano 1948. En menos de 16 páxinas recolle as bases para a organización en Betanzos dunha Escuela de Orientación Profesional y Preaprendizaje, limitada á iniciación nos oficios e formación do Oficial segundo no seu primeiro grao. Velaquí a organización da ensinanza en tres cursos, o derradeiro de perfeccionamento:

cartafundacional005
..
PRIMER CURSO: Aritmética y Geometría, Geografía e Historia generales, Nociones de Física y Química. Principios de Higiene y Cultura Física, Dibujo Geométrico, Educación Cívica, Religión y Prácticas de Taller. SEGUNDO CURSO: Aritmética y Geometría, Nociones de Mecánica, Nociones de Física y Química, Higiene Industrial, Dibujo Industrial, Religión y Prácticas de Taller del oficio elegido. TERCER CURSO: Elementos de Álgebra y Trigonometría, Nociones de Electricidad, Nociones de Química aplicada a la industria, Legislación Industrial, Tecnología del oficio, Prácticas de Taller y Dibujo Industrial.

Categorias: Curiosidades

Escrito por: Serafín

Comentarios
Antonio dice:

26-05-2005 19:28:45

Si que están saliendo curiosidades del fondo de las estanterías.

No hay comentarios: