Nesta fin de maio, circula polos blogs de Galicia un sentida lembranza do poeta
Lois Pereiro. Cúmprese o noveno cabodano da súa prematura morte e
converteuse no candidato da rede para o 17 de maio do vindeiro Día das Letras.
Parece difícil que os académicos escollan a súa figura de poeta maldito,
pero iso é agora menos importante do que lermos a súa obra.."Cuspídeme enriba cando pasedes por diante do lugar onde eu repouse enviándome unha húmida mensaxe de vida e de furia necesaria"
---ooo---
Acróstico
Somentes
Intentaba conseguir
Deixar na terra
Algo de min que me sobrevivise.Na biblioteca temos o primeiro dos dous libros que publicou en vida:CDU: 821.1-1
PER
poeThe stuff the dreams are made ofPor ti sobrevivir coa forza necesaria
para erixirme en sombra do que fun
Sen ti ser eu de novo
orfo doutro destino
resignado a ser eco da túa ausencia
vida e morte en desfile intermitente
Humildemente ser nada por ti
unha figura fuxidía na sombra
da mesma materia que os nosos soños
co esprito intoxicado de nostalxia.
Categorias: Recomendacións
Escrito por: Serafín
Comentarios
palapisis dice:
26-05-2005 11:30:02
Serafín, polo que vin na rede, os poemas de Lois Pereiro parecen interesantes e merece a pena coñecelos. Deberíase tratar de dalo a coñecer máis. Gracias por compartilo con todos nos, xa que polo menos eu, ata agora non me fixara neste poeta.
Deixo por aquí outro dos seus poemas, aunque supoño que xa o coñecedes:
2. Luz e sombras de amor resucitado (1995): VII.
Páxina Seguinte
(Tantos anos que non me observaba
unha pel distinta á miña, ou que non fose xa
parte dos meus ollos, explorada, coñecida
ou compartida...)
VII
Vendo eses dous ollos latexantes
cal visión dunha imaxe entresoñada
no seu peito en perfecta simetría
cun interno tremor que me fascina
desexaría entrar nela e refuxiarme
no seu corpo secreto para sempre
protexido da morte
coa súa vida
féndeme o corpo un húmido arrepío
e bícame as vértebras con furia
nun vértigo de dor e de tenrura.
xuño, 95
PD. Todavía non manexo moi ben esta forma de enviar isto, e non sei moi ben onde, e cómo saldrá. Disculpade as molestias.
PALAPISIS
No hay comentarios:
Publicar un comentario