Alonso Quijano padecía “trastornos de conduta durante o sono REM” producidos polo insomnio crónico. Os que o padecen presentan unha disfunción no tronco cerebral que provoca que non queden paralizados durante a fase REM e ao soñaren sofren pesadelos, berran, dan pancadas ao aire, insultan e rematan por caer da cama. (Vid. Capítulo XXXV)
Nos últimos sete anos, a Unidade do Sono do Hospital Clinic de Barcelona leva diagnosticado máis de 250 persoas que padecen esta patoloxía. Neurólogos e o cervantista Martí de Riquer analizan medicamente na revista “Sleep Medicine Reviews” a tolemia de Don Quixote. Só cando ao final da segunda parte consegue durmir máis de seis horas seguidas, dá sinais de cordura.
Sobre Sancho, amigo das sestas a perna solta, parece que nin padecía apnea obstructiva malia roncar e moito.
Sobre o que non din nada é sobre o de ler moito.
Lido en canalciencia e Axencia Galega de Noticias
Categorias: Curiosidades
Escrito por: Serafín
No hay comentarios:
Publicar un comentario