Unha das actividades principais das celebracións do Día Mundial do Teatro que se festexa mañá, 27 de marzo, é a circulación e lectura dunha mensaxe común en todos os actos. Desde 1962 o Instituto Internacional do Teatro (ITI) encarga a unha persoanalidade relevante a redacción do texto. Autores dramáticos como Arthur Miller ou Eugène Ionesco; directores de teatro ou cine como Peter Brook ou Luchino Visconti; actores como Richard Burton... teñen participado. En castelán figuran Miguel Ángel Asturias, Pablo Neruda, Antonio Gala e Federico Mayor Zaragoza.
Este ano, por segunda vez consecutiva é unha muller a encargada: ARIANE MNOUCHKINE.
¡AUXILIO!
Teatro, socórreme
Durmo, espértame
Estou perdido na escuridade, guíame, alomenos, cara unha lámpada
Son preguiceira, avergóñame
Estou canso, estou rebentado, érgueme
Son indiferente, máncame
Sigo sendo indiferente, máncame na cara
Teño medo, dáme coraxe
Son ignorante, ensíname
Son monstruosa, humanízame
Son altaneiro, faime morrer de risa.
Son cínica, desármame
Son parvo, transfórmame
Son mala, castígame
Son dominante e cruel, combáteme
Son pedante, mófate de min
Son vulgar, elévame
Son muda, desamordázame
Xa non soño, trátame de mixericas ou de imbécil
Esquecín, bota sobre min a Memoria
Síntome vella e roñosa, fai xurdir a Nenez
Son pesado, dáme a Música
Son triste, busca a Ledicia
Son xorda, fai oubear a Dor coma unha tempestade
Síntome alporizado, fai xurdir a Sabedoría
Son feble, acende a Amizade
Son cega, convoca a tódalas Luces
Estou baixo o xugo da Fealdade, fai que entre a Beleza conquistadora
Fun arrastrado pola Carraxe, fai xurdir tódalas forzas do Amor.Tradución : Central de Teatro (Galiza)
Máis información sobre o ITI, sobre a autora, versión orixinal en francés e noutras linguas en
http://www.iti-worldwide.org/pages/wtd/wtd.htm
Categorias: Xeral
Escrito por: Serafín
Comentarios
Antonio dice:
27-03-2005 12:45:57
MUCHA MIERDA A TODOS...que se según la tradición es la frase que pronuncian los actores para desearse suerte antes de que se levante el telón. La tradición viene de cuando se iba al teatro en carroza de caballos (los ricos), cuanta más mierda de caballo había en la puerta del teatro, indicaba que más gente asistiría a la obra. Lo dicho, MUCHA MIERDA A TODOS.
No hay comentarios:
Publicar un comentario