Setembro, a vida en curso

Este é o modelo esquemático do ciclo de vida profesional dos profesores de ensino secundario, segundo Michaël Huberman. Feliz curso para todos. Para os que comecen en prácticas e para os que se retiren con xúbilo, pero especialmente para os que anden pola etapa do cuestionamento. Disque son máis os motivados e dinámicos, “os que están en condicións de lanzar o ataque ás aberracións do sistema”. Vémonos nas bibliotecas.