- premio Príncipe de Asturias das Artes,
- "elexido" para a campaña publicitaria do noso blogue,
- en outubro sairá ao mercado discográfico un recompilatorio con 51 cancións elexidas polos internautas na rede ,
- e tamén, neste ano, o lirismo das súas letras mestúrase coa poesía de Antonio García Teijeiro en Petando nas portas de Dylan.
Velaquí un avance da comuñón de ambos poetas flotando na bitácora.
how many times must a man look up
before he can see the sky?
Non vexo o ceo
nin vexo o mar.
Sinto que a néboa
está a medrar.
Vexo fusís.
Oio disparos.
Vexo uns rapaces.
Nenos soldados.
Vexo os seus ollos.
Son de metal.
Dor nas facianas.
Anxos do mal.
Nenos de fame.
Nenos raptados.
Nenos sen lazos.
Nenos forzados.
Seres feridos.
Nenos roubados.
Vítimas frías.
Nenos soldados.
Que alguén te salve,
neno da guerra!
Eu teño tanto...
Ti tes miseria.
O home berraba máis alto
coa súa guitarra na man.
Peiteaba con rabia as cordas
e cantaba:
Cantas veces debe un home mirar cara arriba
para poder ver o ceo?
Para seguir gozando destes autores acudide aos andeis da nosa biblioteca.
No hay comentarios:
Publicar un comentario