Fermosas palabras para unhas interesantes xornadas.
Santiago, 19 e 20 de outubro.
Relatorios:
Venres, 19:
Conferencia inaugural: “Lectura, imaxinación e identidade” Carlo Frabetti. Escritor e matemático, cultiva a literatura infantil e xuvenil e a divulgación científica. Creador e guionista do programa “La Bola de Cristal”. Premio Barco de Vapor 2007 coa súa novela Calvina.
Proxectos lectores de centro: Hora de ler
Panel de experiencias arredor dun tempo para a lectura, unha “hora de ler”, ler nas aulas... en centros de primaria e secundaria, na procura de distintas posibilidades no deseño e desenvolvemento do Proxecto Lector.
Sábado, 20:
“Os retos da biblioteca escolar no contexto da sociedade do coñecemento” Mónica Baró. Profesora da Facultade de Biblioteconomía e Documentación da Universidade de Barcelona. Autora de libros de referencia sobre a biblioteca escolar.
“Competencia en comunicación lingüística. Claves para o seu desenvolvemento.” Pilar Pérez Esteve. Directora de Programas do MEC. Coordinadora na elaboración dos currículos LOE de linguas para Educ. Infantil e Primaria. Especialista en aprendizaxe de linguas e alfabetización dixital.
“O rumor da lectura” José Luís Polanco. Profesor, responsable de biblioteca escolar no IES Alberto Pico, de Santander. Compoñente do Equipo Peonza, grupo responsable da revista de LIX do mesmo título e doutras publicacións relacionadas co fomento da lectura e a literatura infantil e xuvenil.
“O Proxecto Lector de Centro: unha aposta pola mellora da educación lectora” Julián Pascual. Profesor da Facultade de Ciencias da Educación da Universidade de Oviedo. Especialista en didáctica da lectura e da escritura, e da promoción lectora.
Conferencia de peche: “A biblioteca: un espazo e un tempo distintos” Suso de Toro. Escritor.
No hay comentarios:
Publicar un comentario