Os libros están tan vivos que ata teñen caras, si!
¿Acaso nunca vos pasou que ao remexer entre os andeis das vosas librerías na busca dun libro, ao ler algún título en concreto, non viades tamén a cara da persoa que volo regalou ou que volo recomendou?
Pois ben, onte pasoume algo parecido ao entrar na biblioteca do instituto. Non atopei os rostros habituais, esas faces familiares, eses sorrisos de: "Benvida. Bótoche unha man en algo?" que adoitan estar detrás do mostrador.
Joaquina, Marga, Antonio e Penide marcharan onte a Barcelona para recoller hoxe o tan merecido premio Espiral Edublogs na categoría de blogues colectivos pola bitácora da nosa biblioteca.
Un recoñecemento non só para o seu traballo incansable de varios anos, senón tamén para todos os blogues das bibliotecas escolares galegas que malia os atrancos, seguen día a día e ilusión a ilusión transmitíndolle ao noso alumnado a aventura, a fascinación e o gozo da lectura. Parabéns tamén para todos eses rostros.
No hay comentarios:
Publicar un comentario