O Saló del Còmic engaiolado.

Sen dúbida somos unha POTENZIA como din por aí.

A Banda Deseñada Galega triunfou no Salón do Cómic de Barcelona.

Os nosos parabéns para o bo facer de:

Miguelanxo Prado, Gran Premio Recoñecemento á súa traxectoria profesional

David Rubín, premio ao Autor revelación do 2006

O colectivo Polaqia pola revista Barsowia, elexida un ano máis como mellor fanzine.


Se che gusta o debuxo, e tamén queres ser artista de cómic coma eles, non esquezas anotarte na biblioteca no obradoiro de Banda Deseñada que estamos a organizar para maio.

No hay comentarios: