Gozar e aprender

Á volta das vacacións haberá moitas novidades na biblioteca. Aquí tendes unha pequena mostra.
Volcanes y terremotos
O Etna, o Mauna Loa, o Eldfell, o Santa Helena, o choque das placas, lava e cinzas, maremotos... son a cólera dos grandes volcáns do mundo e as catástrofes provocadas por terribles seísmos.
Animales peligrosos
Teñen garras, cornos, aguillóns e cornamentas para defenderse; cazan, loitan e protéxense. Son animais perigosos: grandes depredadores ou pequenos animais velenosos.
Mamíferos
O mono, o oso, o elefante, o coello, a balea... todos eles son mamíferos, malia a súas diferenzas de tamaño, hábitat ou alimentación.
Estrellas y planetas
O ceo, o sistema solar, as nebulosas, as estrelas, os planetas, as galaxias, os buracos negros... Todos os misterios do universo ao alcance da túa man.

No hay comentarios: