Non esquecin nunca como aprendin a ler. Cando era cativa, as palabras corrían diante dos meus ollos como pequenos escaravellos escorregadizos. Pero eu era máis intelixente ca elas. Apredín a recoñecelas sen me importar a súa veloz carreira. Por fin, por fin puiden abrir libros e entender o que estaba escrito. Fun capaz de ler contos e chistes e poemas eu soa.
Por suposto, houbo sorpresas. A lectura deume poder sobre os contos e dalgunha maneira tamén lles deu aos contos poder sobre min. Nunca puiden fuxir deles. É parte do misterio da lectura.
Un abre o libro, acolle as palabras e a historia que é boa explota no noso interior. Aqueles escaravellos que corren en liñaa recta de un lado para o outro da páxina en branco convértense primeiro en palabras e logo en imaxes e sucesos máxicos. Aínda que certas historias pareceran non ter nada que ver coa vida real…aínda que se transformen en sorpresas de todo tipo e estarriquen as súas posibilidades dun lado ao outro coma unha goma elástica, ao final os contos que son bós devólvennos a nós mesmos. Están feitos de palabras e todos os seres humanos queremos ter aventuras coas palabras.
Case todos empezamos como ointes. Cando aínda somos naipelos, as nosas nais e os nosos pais xogan con nós, recitannos rimas, tócannos os dedos dos pés (“ Este dediño comprou un ovo…”) ou aplauden con nós (“ Palmas, palmiñas,…”). Os xogos con palabras resoan en voz alta e, como nenos, escoitámolos e rimos con eles. Despois, aprendemos a ler a tinta negra sobre a folla branca e mesmo cando lemos en silencio unha certa voz está presente. De quen é esa voz? Pode ser a túa propia voz, a voz do lector. Pero é máis ca iso. É a voz da historia falando desde o interior do lector.
Desde logo hai distintas formas de contar historias estes días. Al películas e a televisión teñen historias que contar aínda que non usen a linguaxe da mesma maneira cos libros. Os autores que traballan en guións de televisión ou cine a miúdo deben usar poucas palabras. “Que as imaxes conten a historia”, din os expertos. Vemos televisión con outros, pero cando lemos case sempre estamos sós.
Vivimos nunha época na que o mundo está cheo de libros. É parte da travesía do lector
encontrar na xungla dos escritos algunha historia que salte de maneira máxica…algunha historia tan emocionante e misteriosa que o transforme. Creo que cada lector vive por ese momento no que a palabra cotiá cambia para dar paso a unha nova broma, a unha nova idea, a unha nova posibilidade que trae unha nova verdade dada polo poder das palabras. “É certo”, di a voz no noso interior, “Recoñézote”. Que emoción ler!

No Día internacional do libro infantil conmemórase o nacemento de Hans Christian Andersen
No hay comentarios:
Publicar un comentario