Bibliotecas vivas.

- - RIIIIIIIIIIIN!

- Vai día de sol!

- Imos ata as pistas, ou sentamos nos bancos de fóra?

- Tanto me ten! Pero primeiro quero ir á biblioteca polo libro de Lingua.

- Ei! Mira para a entrada!

- Anda, montaron mesas con libros. E hai de todo, coma se fose unha feira: libros de xeografía, matemáticas, física, historia, de narrativa, teatro, poesía...

- Fíxate, ata os hai de biografías, astronomía, mitoloxía, feminismo, guías turísticas...

- Debe ser polo rollo do “Día do libro” do vindeiro luns. Tamén hai libros no edificio de primeiro ciclo. Díxome miña irmá que alí un mestre montara unha pequena exposición con obras de astronomía. Xa ves, os libros andan de paseo coma nós.

- Fíxate, ata hai cómics!

- Ah, si! E non sabías que a biblioteca organiza un obradoiro de banda deseñada? Non todo van ser libros con letras, e máis letras. Témosllo que dicir á Aldara que debuxa xenial.

- Veña, ao que iamos! Aquí non está o libro que preciso. Vamos á biblioteca. Logo viremos darlle unha volta á “feira do libro”.

- Uhmmm, Poetízate, claro que non o atopas no andel. Velaí o tes na mesa de novidades. Collédelo vos, si?

- Imos por el. A ver... Ei!, mira este de Matemagia, ten unha pinta bárbara, e o de Mamíferos...vaia fotos.

- Pois a min o que me chama é o da Medida do mundo. Vouno pillar.

- Tomade, un par de marcapáxdinas de balde coas moitas razóns que hai para ler. Cal é a vosa?

- Falando de marcapáxinas, pero dos do concurso. Cando era a entrega de premios?

- Darémolos o 23, o propio Día do Libro, xunto co premio do Pista a Pista.

- Caramba para o Pista a Pista deste ano, eh? Fixéstesnos mirar un lote de libros. Hai que poñer as preguntas máis doadas!

- Anda, anda! Que mellores detectives ca vós! Non quedou ningún enigma por resolver. Eh! Tedes o boletín deste mes? Non marchedes sen el. É como un paseo pola biblioteca a través dos libros que podedes atopar nela seguindo a clasificación da CDU que empregamos para catalogar as obras. E non esquezades anotarvos para o obradoiro do cómic! Ti non tiñas familia en Pontevedra. Por que non te pasas por Culturgal, alí atoparas todo un mundo de libros e música.

- A ver, non sei se esa fin de semana irei ver os meus avós.

- Ata maio tes tempo, non te preocupes.

- Marchamos que vai tocar. Graciñas e ata logo.

- Vaia paseo! Desde a minifeira do libro da nosa biblioteca ata o Culturgal en Pontevedra. Os libros están vivos!

- Xa cho creo. E a ver que colgan no blogue para o 23!

No hay comentarios: