Cal é a receita maxistral para facer amigos?


"Cómpre crear vencellos e deixarse domesticar", velaquí os ingredientes que escoitaremos nesta audición.
Yvonne, betanceira e Pamela, chegada da Arxentina, a Galiza de alén mar, xunto cunha das nosas profesoras, serán as alumnas que prestaron as súas voces para un fragmento desta pequena obra mestra traducida a un grande número de linguas.
Reparade no final. Agasállanos cun dos segredos máis universais: "Soamente se ve ben co corazón. O esencial é invisible para os ollos".



powered by ODEO

Descargar mp3

A música pertence aos temas: Suite 1 BWV 1007 prelude e Suite 1 BWV 1007 courante de Antonio Meneses, descargados de Magnatune baixo unha licencia Creative Commons.

Este e outros artigos con arquivos de son podedes atopalos agrupados no noso blog Voces da Biblioteca, que xa está operativo e accesible, con opcións de sindicación para cada artigo e para os arquivos de son. Esperamos que vos guste.

No hay comentarios: