Así comeza Ricardo III, drama histórico de William Shakespeare. Esta obra é un estudo sobre a ambición política. No seu tempo foi considerada o “Machiavello” inglés. Shakespeare describe a ambición de Ricardo, quen adula a uns para os enfrontar ós outros até conseguir a coroa real. Mais a habilidade de Ricardo para lograr o poder esvaece cando o logra, e a súa inseguridade faille cometer atroces asasinatos.
Richard é un dos grandes malvados de Shakespeare, pero é aínda un personaxe atractivo que domina a arte da elocuencia, é capaz de xogar cas palabras, e nos deixa con certo sentimento de simpatía cara a súa persoa.
Este drama foi , moitas veces, utilizado como propaganda antiautoritaria, polo que ás veces se representa con uniformes que recordan á Alemania nazi. A primeira vez que se fixo isto foi na propia Alemania , e no 1937 cando os nazis acadaron mais poder. Richard III foi representado por Werner Krauss imitando a Goebbles e uniformado con uniformes similares ós da SS.
O tema da propaganda non parece ser alleo á obra, pois semella que foi escrita como propaganda da dinastía Tudor interesada en que ó derradeiro rei da casa de York aparecese como un tirano ante o público.
Aqui podedes ver varias fotos con citas de Shakespeare (inglés)
Aqui podedes descargar algunhas obras de Shakespeare (castelán)
Aqui obras de Shakespeare (en Inglés)

No hay comentarios:
Publicar un comentario