Como estamos na Feira Franca Medieval (do 8 ao 10 de xullo) é momento de lembrarmos os trobadores do século XIII que teñen a súa orixe próxima a Betanços.
Pero Garcia d' Ambroa, activo entre 1228 e 1260, é orixinario da parroquia de San Tirso de Ambroa, no concello de Irixoa. Pasou á historia, máis que polas súas cantigas, polos escarnios que lle lanzaron outros trobadores debido ás súas relacións coa soldadeira María Balteira. Participou na Reconquista de Murcia e Xaén, e peregrinou a Terra Santa. É autor da famosa cantiga obscena:
Pedi eu o cono a hua molher
e pediu-m' ela cem soldos enton;
e dixe-lh' eu logo: "Mui sen razon
me demandades, mais, se vos prouguer,
fazed' ora, e faredes melhor,
ua soldada polo meu amor
a de parte, ca non ei mais mester.
Fazen soldada do ouro que val
mui mais ca o vosso cono, de pran;
fazen soldada de mes' e de pan,
fazen soldada de carn' e de sal;
poren devedes do cono fazer
soldada, ca non á de falescer,
sse retalhardes, quen vos compr' o al.
E podede-lo vender, eu o ssei,
tod' a rretalho, por que ssaberán
que rretalhades, e comprar-vos-án
todos d' el parte, como eu comprei;
ainda vos d' al farei mui melhor:
sse do embiigo avedes ssabor,
contra o rrabo vo-lo ffilharei".
MedDB: Base de datos da lírica profana galego-portuguesa
Pero d' Armea é un xograr probablemente orixinario de Coirós, do lugar de Armea. Activo poeticamente entre 1250 e 1275. Del é a seguinte cantiga de amor:
En grave dia me fez Deus nacer
en aquel dia en que eu naci;
en grave dia me fezo veer
a mha senhor, hu a primeyro vi;
en grave dia vi os olhos seus;
en grave dia me fez enton Deus
veer quan ben pareç' e parecer.
En grave dia mi fez entender
Deus quan muyto ben eu d' el' entendi;
en grave dia mi fez conhocer,
aquel dia en que a conhoci:
en grave dia mh-a fez enton, meus
amigos, grave dia mh-a fez Deus
tam gram ben, como lh' eu quero, querer.
En grave dia por mi lhi faley,
aquel dia en que lh' eu fuy falar;
en grave dia por mi a catey
dos meus olhos, quando a fuy catar,
e grave dia foy por mi enton,
quando a vi, grave dia, ca non
eu dona tan fremosa veerey.
En grave dia por mi comecey
con mha senhor, quand' eu fuy começar
con ela; grave dia desejey
quam muyto ben m' ela fez desejar;
grave dia foy-mi, de' la sazon
que a eu vi, grave dia; poys non
morri por ela, nunca morrerey.
E, por que m' eu d' ela enton quitey,
esmoresco mil vezes e non sey,
por boa fé, nulha parte de mi.
E non mi ponhan culpa des aqui
de seer sandeu, ca enssandeçi
pola mays fremosa dona que ssey.
Pedr' Amigo de Sevilha. Algúns historiadores atribúenlle a Pedr' Amigo unha orixe betanceira e levaría o engadido “de Sevilla” por ser o lugar da súa actividade logo da reconquista da cidade andaluza na que participaron moitos galegos. Pero é moi dubidosa esta filiación.
Categorias: Xeral
Escrito por: Serafín
No hay comentarios:
Publicar un comentario