Taboleiros Dixitais, onde hai que apuntarse?

Mentres espreguizo o domingo escoito na radio: “Xa ninguén se imaxina un avogado sen ordenador ou un centro médico sen ordenador, pero unha aula con ordenadores aínda nos resulta difícil”. No programa Emprendedores de RNE falan do proxecto Aprender con Smart que durante este curso pasado experimentou en España (Navarra, Cataluña e Madrid) e Portugal coas Pizarras dixitais interactivas (PDI).

     Trátase dun sistema informático que consite nun ordenador multimedia conectado a Internet e un videoproxector que proxecta a gran tamaño sobre un taboleiro interactivo o que mostra o monitor do ordenador e sobre o que mesmo se pode escribir. Ou sexa, os tres adxectivos claves: informático, multimedia e interactivo. A chulada é esta:

smartboard[1] bioboard[1]

     Segundo a nota de prensa de Smart e Galicia Dixital, a Consellería vai instalar inminentemente 300 destas pantallas en primaria e secundaria e que se completará con cámaras web, impresoras e computadoras a través do proxecto SIEGA. Non sei como se distribuirán porque como eles informan:

“As dotacións de equipamento que se remiten ós Centros están programadas desde a Consellería de Educación, sen necesidade de que os Centros as soliciten, e están baseadas unicamente en criterios obxectivos relativos ó tipo de centro, número de unidades, tipos de ensino que imparte, etc.”

     ¿Alguén sabe algo?

Categorias: Xeral

Escrito por: Serafín

Antonio dice:

03-07-2005 19:11:20

Las conocí creo que hace dos años, las tenían en el Centro de Recursos, son alucinantes y te dejaban con la boca abierta. Despues de dos años, me parece excesivo retraso en su implantación, pero en fin, como en tantas otras cosas!!

No hay comentarios: