LECER
Gavotas que levan no peteiro
as cartas dos mariñeiros namorados
Vapores burgueses
que nos ofrecen o remborque do seu fume
Pero as nosas velas encalmadas
espantan a bandazos
as horas como moscas
Vigo está tan lonxe
que se desorientaron as cartas mariñas
Unha pipa mais
de vagar
deica ver a hora que dá o reloxe
Entra unha fría de vento?
- moi ben!
Enrolarase a pausa
nas súas espiraes
E non sabemos
(abonda xa de parénteses)
engadirnos outra volta
a todo eso que se nos esquenceu.
Manuel Antonio
Neste caloroso 12 de xuño, no que a raxeira do mediodía queima toda vontade dunha mínima actividade, buscamos a sombra e o mar. Tal día coma hoxe, do ano 1900, nacía na ría de Arousa o poeta Manuel Antonio. Mar e barco para todos.
Categorias: Xeral
Escrito por: Serafín
No hay comentarios:
Publicar un comentario