Como xa estamos de vacacións, atrévome a utilizar esta bitácora para dar renda solta ás miñas lerias persoais. Esta noite, ao baixar o lixo, atopeime no portal coas tres paixóns que aquí intentamos contaxiar igual que outros nos contaxiaron a nós. Nin máis nin menos que a busca da beleza, da bondade e da verdade. Non, non estaba no lixo, do que falaremos outro día. Iso foi o que vin:
Un magnífico Lucanus cervus. O exemplar de oito centímetros de longo e tres de largo (ancho) espernexaba desesperadamente patas arriba mentres comezaba a rodealo un exército de formigas xa interesadas nel. Axudeino a revirarse e sentinme coma Grieh, o grilo que salva a Rasgulkje, o gran escornabois macho, no relato de Méndez Ferrín que é a lectura que quería recomendar hoxe: Percival e outras historias.
¿E u-la tecnoloxía? Pois na compañía de telecomunicacións que leva meses abrindo Betanzos como unha cremalleira:
Escrito por Serafín.
Comentarios
d dice:
02-07-2005 14:15:30
Meu pai chamalle vacalouras, gostame o son que fan cando voan.
No hay comentarios:
Publicar un comentario