Xornadas

xornadas

A finais deste mes de xullo remata o prazo para inscribirse nas Xornadas de Bibliotecas Escolares de Galicia. Desenvolveranse a comezos do vindeiro curso, o 7 e 8 de outubro, en Santiago de Compostela, dentro do Plan anual de formación do profesorado 2005-2006.

Categorias: Recomendacións

Escrito por: Serafín

Manuel Antonio e nós

LECER
Gavotas que levan no peteiro
as cartas dos mariñeiros namorados
Vapores burgueses
que nos ofrecen o remborque do seu fume
Pero as nosas velas encalmadas
espantan a bandazos
as horas como moscas 
Vigo está tan lonxe
que se desorientaron as cartas mariñas 
Unha pipa mais
de vagar
deica ver a hora que dá o reloxe 
Entra unha fría de vento?
- moi ben! 
Enrolarase a pausa
nas súas espiraes 
E non sabemos
(abonda xa de parénteses)
engadirnos outra volta
a todo eso que se nos esquenceu.

Manuel Antonio

Neste caloroso 12 de xuño, no que a raxeira do mediodía queima toda vontade dunha mínima actividade, buscamos a sombra e o mar. Tal día coma hoxe, do ano 1900, nacía na ría de Arousa o poeta Manuel Antonio. Mar e barco para todos.

m5manuelantoniodecatroacatro000

Categorias: Xeral

Escrito por: Serafín

Enlaces

calvinp

Decálogo dos Dereitos dos nenos e nenas a escoitar contos

E moito máis no enlace sobre Bibliotecas Escolares de Galicia, do portal educativo da Consellaría.

Tamén AGABEL actualizou recentemente en deseño e novidades a súa páxina cos interesantes contidos e enlaces sobre as bibliotecas escolares.

Categorias: Recomendacións

Escrito por: Serafín

Trobadores para a Feira Medieval

Como estamos na Feira Franca Medieval (do 8 ao 10 de xullo) é momento de lembrarmos os trobadores do século XIII que teñen a súa orixe próxima a Betanços.

Pero Garcia d' Ambroa, activo entre 1228 e 1260, é orixinario da parroquia de San Tirso de Ambroa, no concello de Irixoa. Pasou á historia, máis que polas súas cantigas, polos escarnios que lle lanzaron outros trobadores debido ás súas relacións coa soldadeira María Balteira. Participou na Reconquista de Murcia e Xaén, e peregrinou a Terra Santa. É autor da famosa cantiga obscena:

Pedi eu o cono a hua molher
e pediu-m' ela cem soldos enton;
e dixe-lh' eu logo: "Mui sen razon
me demandades, mais, se vos prouguer,
fazed' ora, e faredes melhor,
ua soldada polo meu amor
a de parte, ca non ei mais mester.

Fazen soldada do ouro que val
mui mais ca o vosso cono, de pran;
fazen soldada de mes' e de pan,
fazen soldada de carn' e de sal;
poren devedes do cono fazer
soldada, ca non á de falescer,
sse retalhardes, quen vos compr' o al.

E podede-lo vender, eu o ssei,
tod' a rretalho, por que ssaberán
que rretalhades, e comprar-vos-án
todos d' el parte, como eu comprei;
ainda vos d' al farei mui melhor:
sse do embiigo avedes ssabor,
contra o rrabo vo-lo ffilharei".

MedDB: Base de datos da lírica profana galego-portuguesa

Pero d' Armea é un xograr probablemente orixinario de Coirós, do lugar de Armea. Activo poeticamente entre 1250 e 1275. Del é a seguinte cantiga de amor:

En grave dia me fez Deus nacer
en aquel dia en que eu naci;
en grave dia me fezo veer
a mha senhor, hu a primeyro vi;
en grave dia vi os olhos seus;
en grave dia me fez enton Deus
veer quan ben pareç' e parecer.

En grave dia mi fez entender
Deus quan muyto ben eu d' el' entendi;
en grave dia mi fez conhocer,
aquel dia en que a conhoci:
en grave dia mh-a fez enton, meus
amigos, grave dia mh-a fez Deus
tam gram ben, como lh' eu quero, querer.

En grave dia por mi lhi faley,
aquel dia en que lh' eu fuy falar;
en grave dia por mi a catey
dos meus olhos, quando a fuy catar,
e grave dia foy por mi enton,
quando a vi, grave dia, ca non
eu dona tan fremosa veerey.

En grave dia por mi comecey
con mha senhor, quand' eu fuy começar
con ela; grave dia desejey
quam muyto ben m' ela fez desejar;
grave dia foy-mi, de' la sazon
que a eu vi, grave dia; poys non
morri por ela, nunca morrerey.

E, por que m' eu d' ela enton quitey,
esmoresco mil vezes e non sey,
por boa fé, nulha parte de mi.

E non mi ponhan culpa des aqui
de seer sandeu, ca enssandeçi
pola mays fremosa dona que ssey.

Pedr' Amigo de Sevilha. Algúns historiadores atribúenlle a Pedr' Amigo unha orixe betanceira e levaría o engadido “de Sevilla” por ser o lugar da súa actividade logo da reconquista da cidade andaluza na que participaron moitos galegos. Pero é moi dubidosa esta filiación.

Categorias: Xeral

Escrito por: Serafín

Taboleiros Dixitais, onde hai que apuntarse?

Mentres espreguizo o domingo escoito na radio: “Xa ninguén se imaxina un avogado sen ordenador ou un centro médico sen ordenador, pero unha aula con ordenadores aínda nos resulta difícil”. No programa Emprendedores de RNE falan do proxecto Aprender con Smart que durante este curso pasado experimentou en España (Navarra, Cataluña e Madrid) e Portugal coas Pizarras dixitais interactivas (PDI).

     Trátase dun sistema informático que consite nun ordenador multimedia conectado a Internet e un videoproxector que proxecta a gran tamaño sobre un taboleiro interactivo o que mostra o monitor do ordenador e sobre o que mesmo se pode escribir. Ou sexa, os tres adxectivos claves: informático, multimedia e interactivo. A chulada é esta:

smartboard[1] bioboard[1]

     Segundo a nota de prensa de Smart e Galicia Dixital, a Consellería vai instalar inminentemente 300 destas pantallas en primaria e secundaria e que se completará con cámaras web, impresoras e computadoras a través do proxecto SIEGA. Non sei como se distribuirán porque como eles informan:

“As dotacións de equipamento que se remiten ós Centros están programadas desde a Consellería de Educación, sen necesidade de que os Centros as soliciten, e están baseadas unicamente en criterios obxectivos relativos ó tipo de centro, número de unidades, tipos de ensino que imparte, etc.”

     ¿Alguén sabe algo?

Categorias: Xeral

Escrito por: Serafín

Antonio dice:

03-07-2005 19:11:20

Las conocí creo que hace dos años, las tenían en el Centro de Recursos, son alucinantes y te dejaban con la boca abierta. Despues de dos años, me parece excesivo retraso en su implantación, pero en fin, como en tantas otras cosas!!

Un mariñán para o Día das Letras 2006

mf2lugrisfreire

Manuel Lugrís (Sada, 1863 - A Coruña, 1940) será a figura homenaxeada no vindeiro Día das Letras Galegas do ano 2006. Trátase dun autor vencellado ás Mariñas e fondamente comprometido co reivindicación activa da lingua galega. En Betanzos, no ano 1907, foi o primeiro orador que empregou o galego nun acto público. En canto á súa obra, é un escritor recoñecido pola produción dramática. Tempo hai por diante para ir preparando a celebración do curso que vén.

 

Escrito por: Serafín

Arte, natureza e tecnoloxía

Como xa estamos de vacacións, atrévome a utilizar esta bitácora para dar renda solta ás miñas lerias persoais. Esta noite, ao baixar o lixo, atopeime no portal coas tres paixóns que aquí intentamos contaxiar igual que outros nos contaxiaron a nós. Nin máis nin menos que a busca da beleza, da bondade e da verdade. Non, non estaba no lixo, do que falaremos outro día. Iso foi o que vin:

escornabois

Un magnífico Lucanus cervus. O exemplar de oito centímetros de longo e tres de largo (ancho) espernexaba desesperadamente patas arriba mentres comezaba a rodealo un exército de formigas xa interesadas nel. Axudeino a revirarse e sentinme coma Grieh, o grilo que salva a Rasgulkje, o gran escornabois macho, no relato de Méndez Ferrín que é a lectura que quería recomendar hoxe: Percival e outras historias.

¿E u-la tecnoloxía? Pois na compañía de telecomunicacións que leva meses abrindo Betanzos como unha cremalleira:

escornaboiserre

Escrito por Serafín.

Comentarios
d dice:

02-07-2005 14:15:30

Meu pai chamalle vacalouras, gostame o son que fan cando voan.