Opre Rroma - Arriba Xitanos

A semana pasada, o 8 de abril, celebrouse o Día Internacional do Pobo Cigano. Non teño noticias se a Unión Europea declarou xa o período 2005-2015 como a Década para a inclusión dos xitanos. De calquera xeito, debemos lembrar que son oito millóns de xitanos e xitanas os que viven na actualidade na Europa ampliada. Posúen unha longa tradición cultural e unha rica literatura de transmisión oral e escrita na súa lingua: o romanó.

No seu himno “Gelem, gelem”, composto polo xugoslavo Jarko Jovanovic e do que existen varias versións, soa a música popular, mencións ao carácter nómade do pobo cigano e alusións ao holocausto nazi nos campos de concetración. En Internet existe moita información que sempre é pouca para vencer prexuízos. Visita Unión romaní e Gitanos.org

Gelem, gelem lungone dromensar Andei, andei longas estradas,

maladilem baxtale Rromençar e atopei xitanos afortunados.

A Rromalen kotar tumen aven Ai, xitanos, ¿de onde vides

E chaxrençar bokhale chavençar coas tendas e os nenos esfameados?

A Rromalen, A chavalen ¡Ai xitanos, ai rapaces!

Sàsa vi man bari familja Tamén eu tiña unha gran familia,

Mudardás la i Kali Lègia pero foi asasinada pola Lexión Negra.

Saren chindás vi Rromen vi Rromen Homes e mulleres foron esnaquizados,

Maskar lenoe vi tikne chavorren entre eles tamén criaturas pequenas.

A Rromalen, A chavalen ¡Ai xitanos, ai rapaces!

Putar Dvla te kale udara Abre, Deus, as negras portas

Te saj dikhav kaj si me manusa onde están os meus irmáns.

Palem ka gav lungone dromençar Voltarei a percorrer as estradas

Ta ka phirav baxtale Rromençar e camiñarei con calós benaventurados.

A Rromalen, A chavalen ¡Ai xitanos, ai rapaces!

Opre Rroma isi vaxt akana ¡Arriba Xitanos! Agora é o momento.

Ajde mançar sa lumáqe Rroma Vinde comigo os xitanos do mundo.

O kalo muj ta e kale jakha A cara morena e os ollos escuros

Kamàva len sar e kale drakha gústanme tanto como as uvas mouras

A Rromalen, A chavalen ¡Ai xitanos, ai rapaces!

Categorias: Xeral

Escrito por: Serafín

Comentarios
ser ou non ser dice:

19-02-2006 03:06:53

obrigad@.

No hay comentarios: