No Xapón asinouse o Protocolo de Quioto do que levamos oíndo falar desde 1997 e que segundo os xornais entra hoxe en vigor. E do Xapón chegounos hai máis de cen anos a flor das flores que neste inverno enxoito e frío agromou puntual á súa cita: a camelia (Camellia japonica).
É a primeira flor que nos leva recibindo desde hai unhas semanas na entrada do instituto. Na biblioteca non temos os seis poemas galegos de García Lorca que identificou a nosa terra ("Madrigal á cibdá de Santiago") cunha "Camelia branca do ar", pero si unha curiosa sección de botánica (CDU: 50. Recomendábeis para consulta en sala ou en préstamo:
ATTENBOROUGH, David.- La vida privada de las plantas. Planeta, 1995
CAMACHO LLITERAS, Juan Luis.- Guía práctica de xardinería en Galicia. Baía edicións, 2003
CASTRO e outros.- Como recolectar y herborizar plantas. Confederación española de cajas de ahorro, 1984
CUERDA QUINTANA.- Atlas de botánica. El mundo de las plantas. Cultural de ediciones, 1999
ASTOR CAMINO e outros.- Coñece as nosas árbores. Xerais, 1993
HOUDOU, Gerard.- El mundo de las setas. Ultramar editores,1996
LEIRO LOIS, Adela.- As árbores. A Nosa Terra, 2002
JULIVERT, Mª Ángeles.- La vida de las plantas. Parramón, 1992
VARELA FERNÁNDEZ, Consuelo.- O bosque. Xunta de Galicia
GÓNZALEZ RAJO, Javier.- Ánxel Fole, a natureza e as árbores. Consellería de Educación
DEL MORO, María Antonieta.- Las plantas. Editex, 2000
HESSAYON, D.G.- Flores de jardín. Blume 1980-1999 (en bioloxía).
Escrito por: Serafín
No hay comentarios:
Publicar un comentario