Outro decálogo: dereitos do lector

Nun post pasado, para non citar de memoria busquei na nosa biblioteca o libro de Daniel Pennac Como unha novela. Do éxito editorial desta obra é significativo que ao ano de publicarse en Francia xa estivera traducido ao galego, entre outras moitas linguas. Recomendábel para profesores e pais, pois vai dirixido contra certas técnicas, hábitos ou prexuízos do aparato educativo e familiar, obsesionado pola necesidade de ler.
Como a cousa vai de decálogos, este é o que inclúe no capítulo IV, menos irónico có de Umberto Eco.
Dereitos imprescriptíbeis do lector
O dereito a non ler.
O dereito a saltar as páxinas en branco.
O dereito a non rematar un libro.
O dereito a reler.
O dereito a ler calquera cousa.
O dereito ao babarysmo.
O dereito a ler en calquera sitio.
O dereito a ler ao rebusco.
O dereito a ler en voz alta.
O dereito a calar.
Dispoñible para o préstamo
DANIEL PENNAC, Como unha novela. Xerais, 1993Rexistro: 3313CDU (actual): 800.7 / 3313 / como
No OPAC Meiga apareden outros dous rexistros (2261 e 2262), pero nas estanterías só se atopa o anterior.


Escrito por: Serafín

Comentarios
Antonio dice:
31-01-2005 23:48:56
Bueno, alguien ha debido ejercer su derecho a cambiar malevolamente de sitio esos libros.

No hay comentarios: