Con Daniel Pennac e o seu éxito editorial de hai uns dez anos Como unha novela aprendemos que "o verbo ler non soporta o imperativo. Aversión que comparte con algúns outros: o verbo amar... o verbo soñar. Desde logo, sempre se pode intentar. Imos ver: ¡Ámame! ¡Soña! ¡Le! ¡Pero, le dunha vez! ¡Ordénoche que leas!".
Eu entoo hoxe o mea culpa, sen ánimo de emenda, por facerlles conxugar o imperativo aos alumnos/as. Estas son as obras de lectura obrigatoria nesta avaliación para os cursos de bacharelato en réxime de adultos no IES As Mariñas de Betanzos. Lede vós:
1º BACHARELATO


ROSA ANEIROS, Resistencia, Xerais
Ficha e Entrevista coa autora
Caderno de críticas

ANTÓN RIVEIRO COELLO, As rulas de Bakunin. Galaxia
Ficha e entrevista co autor
Reseña da obra



Escrito por: Serafín


No hay comentarios: