Nas VII Xornadas da Lingua que recuperou a finais do ano pasado a asociación cultural Eira Vella de Betanzos, o profesor e profesor da AS-PG, Xoán Costa, comezou a súa conferencia cunha breve introdución sobre a escritura e o futuro do libro. Ofreceu a seguinte previsión cronolóxica na que xa se fixou a "data de caducidade dos libros de papel nos vindeiros quince anos". Este é o proceso que segundo os gurús tecnolóxicos vivimos, pois xa está en tempo presente:
Futuro do libro dixital:
2000- Están dispoñíbeis os programas de lectura Microsoft Reader, Glassbook e equipos portátiles para ler libros dixitais como Rocket eBook e SoftBook.
2002- Os PC e os dispositivos de eBook ofrecen pantallas case tan nítidas como o papel: a resolución de 200 dpi é incluso superada con ClearType™.
2003- Os dispositivos de eBook pesan menos de 1kg, posúen unha autonomía de oito horas (e costan $99).
2004- Chegan as Tablet PC coa lectura de libros electrónicos, entrada de información manuscrita e aplicacións informáticas de gran alcance.
2005- As vendas de libros electrónicos, eMagazines, e eNewspapers chegan ao mil millóns de dólares.
2006- Os soportes de libros electrónicos proliferan, ofrecen libros e xornais periódicos nas librarías tradicionais e nos quioscos.
2009- Os libros electrónicos comezan a se vender máis que os impresos en papel en moitas categorías. Os prezos son máis baixos, pero as vendas son máis altas.
2010- Os dispositivos de eBook pesan menos de medio kg, teñen autonomía de 24 horas, e capacidade para un millón de libros.
2012- Os libros electrónicos e de papel compiten vigorosamente. A industria da polpa promove "libros verdadeiros de árbores verdadeiros para xente verdadeira."
2015- As bibliotecas dixitalizan todos os seus libros.
2018- Os xornais importantes publican as últimas edicións de papel e comezan a distribuílas só dixitalmente.
2019- Os libros de papel seguen a ser populares como agasallos, para os coleccionistas, para os libros de arte e de fotografía de calidade, e para os que prefiren a experiencia da lectura impresa.
2020- Noventa por cento de todos os títulos véndense soamente en formato dixital. Os dicionarios mudan a definición da palabra "libro" para incluíren os libros dixitais. A nova definición de libro é: "peza substancial de escritura visualizada xeralmente nunha computadora ou noutro dispositivo persoal".
Traducido de http://www.universidadabierta.edu.mx/Biblio/EdyTec/Libro.doc.
Escrito por: Serafín
Comentarios
Antonio dice:
20-01-2005 18:37:16
RAYOS!!! cuando leyendo llegué a 2020, sufrí un ataque inexplicable de tecnofobia, me lo voy a hacer ver.
Web: http://
dice:
21-01-2005 13:01:07
No te desanimes, que lo estás haciendo muy bien. Eres un gran trabajador
Web: http://
Serafín, sala de profesores dice:
21-01-2005 18:25:33
En días como os de hoxe, despois de crisparme cos de Wanadoo, comparto a túa tecnofobia. Ao mellor para o 2020 poderemos ser ciber-pre-xubilados ou poida que impartamos ciberclases de cibermaterias a ciberalumnos, pero seguiremos cibertraballando. Boa fin de semana.
Web: http://
Antonio dice:
22-01-2005 00:01:05
ostras!! no lo había mirado desde esa perspectiva, quizas los alumnos alcancen un aprendizaje ciber-significativo con profes-tamagochis muy pero que muy ciberdrepimidos. Boa fin de semana!!
Web: http://
No hay comentarios:
Publicar un comentario