Bases Premio Espiral Edublogs 08
Este premio pretende:- Valorar a importancia e repercusión dos blogues na educación, como ferramenta didáctica para o desenvolvemento de contidos curriculares e motivación dos alumnos.
- Recoñecer o traballo de moitos profesores e profesoras na rede demostrando a súa utilidade pedagóxica.
- Servir de escaparate motivador dunha corrente educativa dentro da blogosfera, que axuda á xeneralización do uso das TIC na aula.
- Favorecer canles de opinión e debate sobre a necesidade de avanzar no uso dos blogues no contorno educativo.
Categorías do premio:
- Blogues de profesores e profesoras: blogues individuais que teñan contido educativo, ben sexa porque :
- Conten reflexións sobre a aula e a educación en xeral.
- Ofrece recursos para outros profesores.
- Elabora materiais didácticos.
- Ten un marcado contido educativo.
- Blogues colectivos de profesores e profesoras: que non forman un grupo natural dentro dun centro educativo, departamento, etc. Varios profesores e profesoras de diferentes lugares de traballo ou lugar xeográfico que manteñen un blogue.
- Blogues de Centros educativos: Son blogues colectivos mantidos por un grupo de profesorado dun Colexio, Instituto ou Departamento Didáctico.
- Blogues de Aula: blogues onde escriben e publican os alumnos e alumnas xunto ao seu profesor ou profesora, onde colgan actividades e exercicios, ben sexan colectivos ou individuais. Non son blogues individuais de profesores, aínda cando escriban para os seus alumnos e para a súa aula, porque son considerados dentro da categoría de blogues de profesores e profesoras. A fórmula para esta categoría de blogues pode ser dun planeta de blogues: o do profesor e mais os blogues individuais dos alumnos, ou un blogue colectivo de aula da materia onde escriben o profesor e os seus alumnos. o premio dáse ao profesor que traballa nun blogue de aula co concepto expresado aquí. Non se admitirán a concurso blogues de alumnos e alumnas individuais. Haberá varias categorías:
- Infantil
- Primaria
- Secundaria
- Bacharelato
- Formación profesional
- Formación de Persoas Adultas
- Universidade
- Mencións:
- Blogues institucionais, Centros de profesores (CPRs, Berritzegunes, CEFIREs, etc): Centros de Asesoramento e Formación do Profesorado que utilizan o blogue como coordinación para:
- Seminarios de Traballo.
- Coordinación de responsables TIC.
- Ofrecer servizo de asesoramento en xeral.
- Blogues de portais e asociacións que ofrecen diversos servizos con relación aos edublogues e á educación.
Premios
Establécense tres premios por cada categoría co motivo do logo deste premio, unha buxaina sobre unha espiral :
- Primeiros premios: Buxaina dourada
- Segundos premios: Buxaina prateada
- Terceiros premios: Buxaina bronceada
- Mencións: Buxaina natural
Haberá un premio especial do xurado ao blogue que mellor tratamento faga do tema da auga, grazas ao patrocinio de Rotary Club Barcelona 92 que un ano máis, súmase á iniciativa de Espiral.
Os premios entregaranse na Xornada de Espiral que se celebrará o día 9 de xuño en Barcelona.
Idioma do blog
Poden presentarse a este Premio blogues de calquera país sempre que estean escritos nalgunha das linguas oficiais do Estado Español: castelán, catalán, éuscaro e galego. Ademais, admitiranse blogues escritos noutra lingua como francés, inglés, italiano, etc que formen parte de materias cursadas en Centros educativos do Estado Español. Por exemplo, non pode presentarse un blogue escrito en inglés dun blogger de Bristol, pero si un blogue en inglés dun IES, Escola de Idiomas ou de calquera outro centro educativo español.
Proceso de selección e propostas
- Ábrese un período de tempo comprendido entre o 17 de xaneiro e o 30 de abril de 2008 para presentar candidaturas a cada categoría.
- As candidaturas dos blogues poderán ser presentadas por calquera persoa mediante unha mensaxe na páxina estática Envía tu blog (nunha pestana na zona superior). Incluirase unha breve descrición sobre o mesmo indicando as ideas principais que xustifican a súa proposta.
- Cada candidatura será publicada nun artigo neste blogue co texto enviado.
- As candidaturas poden ser valoradas posteriormente por outros lectores mediante comentario en cada artigo ou proposta.
- As valoracións/comentarios aos blogues candidatos pecharanse o 30 de abril.
- Os comentarios e valoracións realizadas aos diferentes blogues teranse en conta polo xurado.
- O xurado publicará os finalistas o 6 de maio de 2008.
- Publicación de resultados finais o xoves 15 de maio de 2008.
- A entrega de premios realizarase durante A Xornada Espiral: venres 6 e sábado 7 de xuño de 2008.
Criterios de valoración dos blogues que terá en conta o xurado
- Recursos ofrecidos
- Ferramentas web2.0
- Actividades
- Referencias
- Utilidade didáctica
- Para o profesor: permítelle empregalo na aula
- Permite reflexionar sobre a sú práctica
- Ofrece actividades para o alumnado
- Valoración xeral dos contidos do blogue
- Innovación das propostas, posts ou contidos: WebQuest, Cazas do Tesouro, buscas guiadas, actividades on line, ferramentas web 2.0.
Se queres presentar o teu blogue podes facelo a través do formulario que aparece premendo nesta ligazón.
Blogue da Asociación Espiral.
O xurado está composto polos seguintes blogfesores e blogfesoras:
- Juanmi Muñoz, Presidente de Espiral
- Artur Tallada, Secretario de Espiral
- Maite Goñi
- Antonio Alonso
- Daniel Veiga
- Lucia Álvarez
- Conchi Pérez
- Lourdes Doménech
- Xavier Suñé
- Mª Lluïsa Abad
- Juan José Muñoz
- Mar Gallego
- Begoña Mena
- Sergio Mestre
- Giuliana Mitidieri
- Raúl Reinoso
- Eloy Cutanda
- Equipo Coordinador II Premio Espiral Edublogs 08:
(tradución de Iolanda Sánchez)
2 comentarios:
Moi bo traballo.
Paréceme moi boa idea premiar ós docentes que achegan ás aulas a tecnoloxía como ferramenta de apredizaxe.
Publicar un comentario