Pero hai libros que van máis alá. Libros onde a ilustración e a palabra se amalgaman en simbiose total e lemos nas imaxes e deleitamos a vista nas grafías. Isto ocorre en:
- Atmosferas, obra da poetisa Olga Patiño e o artista do gravado e a xilografía José Valentín.
Tan perto e ás veces tan descoñecidos... Ela, profesora do IES veciño Francisco Aguiar; el, artista betanceiro do Centro Internacional da Estampa Contemporáneo de Betanzos (CIEC).
- Outro exemplo onde a palabra cede todo o seu espazo á imaxe, e do que xa falamos neste blogue é : Emigrantes.
Pero non nos enganemos. Non por teren menos palabras levará menos tempo lelos; ficamos cativados polos deseños, polo conceptualismo da mensaxe. Recreámonos nunha lectura vagarosa e, por suposto, o goce é maior.
Esperamos que os libros de lectura que ides ter este ano, con "santos" ou sen eles, sexan do voso agrado. En breve colgaremos no Directorioweb os recomendados polos diferentes departamentos.
Sabedes que agardamos os vosos comentarios sobre eles e as vosas suxestións para ampliar as listaxes.
Grazas, Mar, por descubrirme outras atmosferas.
No hay comentarios:
Publicar un comentario