Librería Colón


Nas páxinas locais dos xornais de hoxe recóllese a despedida multitudinaria que os "adictos" a esta librería puidémoslle facer onte xa que pecha as súas portas definitivamente.


Detrás desas portas quedan moitas sensacións, todas elas boas. Colón non era só unha librería, era un punto de encontro e non só cos libros.


Grazas a Amparo e ás dúas Begoñas que tantas veces axudáronme a atopar esas lecturas que tan bos momentos proporcionáronme ou a elixir aquel libro que quería regalar.

No hay comentarios: