¡ Elemental, querido Watson!


Desde fai uns días xa está a disposición de profesores e alumnos o boletín deste mes de febreiro que trata sobre a novela policial. Nel atoparedes non só unha serie de libros que hai na biblioteca sobre este tema senón tamén un breve resumo sobre os grandes detectives de ficción, así podemos saber non só como eles descobren os seus casos e os métodos que utilizan senón que tamén podemos saber algo sobre a súa vida. Desde Auguste Dupin considerado o primeiro detective de ficción ata o inspector Wallander pasando como non por Sherlock Holmes, o Comisario Maigret, Hercules Poirot e por suposto por Flanagan que continuamente vese implicado en casos moi variopintos.

O boletín complétase con outras recomendaciones, novidades e "cine e literatura" todo iso en torno á novela policial. Tamén se informa do concurso “Pista a pista” que comezará o próximo 12 de marzo e no cal os alumnos terán que poñer a proba a súa capacidade detectivesca.

Como en ocasións anteriores xa sabedes que o podedes descargar no almacén desta bitácora.

No hay comentarios: