PAAU Xuño-2006

Estes son os dous textos das probas de acceso á universidade. Lingua e literatura galega en clave feminina.

OPCIÓN 1

Avoa, nai anterga ensumida na terra,
cando mastigo o pan estou bicando
o teu sangue inmortal apodrecido,
o froito do teu corpo semeado: a túa saiva
que através dos séculos renasce.
¡Doce esterco da vida! Bebo a auga
do cano dos teus ósos cando bebo.
Aniñada nos eidos teces a inconsútil firmeza
do adival que me guía e asegura: Ariadna.
É a túa man a que revive o lume,
pomba escura do tempo na lareira.
De ti provén a ascua e o fermento do canto,
a sillaría na que me sinto forte, o arco
do costelar que afondas, as raíces
minerais que sustentan
do xerme do teu colo, a miña vida.
Antón Avilés de Taramancos, 1989

Expón a túa opinión persoal sobre as vantaxes e inconvenientes de que os nenos e nenas se críen en contacto directo cos avós e avoas. (Mínimo 20 liñas) (2 puntos)


OPCIÓN 2

(...) É un erro grave, e dos máis prexucidiciais, inculcar á muller que a súa misión única é a de esposa e nai; equivale a lle dicir que non pode ser nada de seu, e aniquilar nela o seu eu moral e intelectual, (...)
O primeiro que necesita a muller é afirmar a súa personalidade, independentemente do seu estado, e persuadirse de que, solteira, casada ou viúva, ten deberes que cumprir, dereitos que reclamar, dignidade que non depende de ningúen, un traballo que realizar, e idea de que é unha cousa seria, grave, a vida, e que se a toma como un xogo, ela será indefectiblemente xoguete. Dádeme unha muller que teña estas condicións, e dareivos unha boa esposa e unha boa nai, que non o será sen elas. Canta falta lle han facer, e ós seus fillos, de quedar viúva. E se permanece solteira, pode ser moi útil, moito, á sociedade, moi necesitada de persoas que contribúan á conservación da especie. A falta de personalidade na muller esteriliza grandes cualidades de milleiros de solteiras ou viúvas; e non é pouco o dano que da súa falta de acción benéfica resulta.
Concepción Arenal (tradución),
1884

Expón de xeito crítico a túa opinión sobre as ideas que se expoñen no texto. (Mínimo 20 liñas) (2 puntos)

No hay comentarios: