
Grazas a todos por estes tres últimos cursos de ledicias e dores betanceiras. Especialmente obrigado ao alumnado da quenda de adultos, ás colegas do departamento e aos camaradas da Nosa Biblioteca. Deica sempre, compañeiros.
A Concellería de Cultura abriu este mes a páxina Bookcrossing Betanzos para dar a coñecer este fenómeno internacional e estimular a liberación de libros no concello. Ademais de información, pódese obter directamente un número de rexistro e a clave para imprimir as etiquetas necesarias.
O IES As Mariñas está entre os centros recomendados para ceibar os libros que desexes. Na páxina inclúese unha relación das obras xa postas en circulación e un foro de debate para comentar as lecturas e experiencias no bookcrossing.
Boa sorte!!!
Categorias: Xeral Recomendacións
Escrito por: Serafín
Avoa, nai anterga ensumida na terra, cando mastigo o pan estou bicando o teu sangue inmortal apodrecido, o froito do teu corpo semeado: a túa saiva que através dos séculos renasce. ¡Doce esterco da vida! Bebo a auga do cano dos teus ósos cando bebo. Aniñada nos eidos teces a inconsútil firmeza do adival que me guía e asegura: Ariadna. É a túa man a que revive o lume, pomba escura do tempo na lareira. De ti provén a ascua e o fermento do canto, a sillaría na que me sinto forte, o arco do costelar que afondas, as raíces minerais que sustentan do xerme do teu colo, a miña vida. Antón Avilés de Taramancos, 1989 |
(...) É un erro grave, e dos máis prexucidiciais, inculcar á muller que a súa misión única é a de esposa e nai; equivale a lle dicir que non pode ser nada de seu, e aniquilar nela o seu eu moral e intelectual, (...) O primeiro que necesita a muller é afirmar a súa personalidade, independentemente do seu estado, e persuadirse de que, solteira, casada ou viúva, ten deberes que cumprir, dereitos que reclamar, dignidade que non depende de ningúen, un traballo que realizar, e idea de que é unha cousa seria, grave, a vida, e que se a toma como un xogo, ela será indefectiblemente xoguete. Dádeme unha muller que teña estas condicións, e dareivos unha boa esposa e unha boa nai, que non o será sen elas. Canta falta lle han facer, e ós seus fillos, de quedar viúva. E se permanece solteira, pode ser moi útil, moito, á sociedade, moi necesitada de persoas que contribúan á conservación da especie. A falta de personalidade na muller esteriliza grandes cualidades de milleiros de solteiras ou viúvas; e non é pouco o dano que da súa falta de acción benéfica resulta. Concepción Arenal (tradución), 1884 |