Propostas para o Nadal

Publícanse por estas datas unha chea de propostas para a lectura e, sobre todo, agasallo de libros no Nadal. Alén da escasa utilidade destes repertorios, teñen o valor que lles queiramos conceder aos seus autores, na meirande parte dos casos con lexítimos intereses comerciais.
Este ano a Asociación Galega de Editores, que representa a 32 editoriais de libros e outros soportes, con sede en Galicia, fixo pública o seu listado de recomendacións para este Nadal. Pode verse tamén en Vieiros ou no boletín L3G do Consello da Cultura Galega.

Como case todas estas propostas parecen reducirse a un resumo do catálogo de novidades editoriais. O mesmo ocorre desde hai tempo nas librarías. Cada vez é máis difícil atopar os clásicos de sempre, os que son de verdade recomendables.
Feliz Aninovo desde Ourense.

Escrito por: Serafín

Comentarios

Antonio dice:
28-12-2004 13:48:55
Excelente post. Feliz Aninovo!!

No hay comentarios: