Velaquí un caixón de xastre do que nos espera no 2005:
Cuarto centenario da publicación do Quixote. Exactamente, a primera edición de El Ingenioso Hidalgo Don Quijote de la Mancha (1605). Podemos ir supondo que un dos actos centrais desta conmemoración será o 23 de abril, Día Mundial do Libro e dos Dereitos de Autor, coas lecturas públicas da obra de Cervantes.
***
En Galicia, comézase a falar do 2005 como Ano Cunqueiro para conmemorarmos o 50 aniversario da publicación do Merlín e familia (1955). Realmente é unha celebración promovida pola editorial Galaxia, creada cinco anos antes. Ademais de novas edicións da súa obra, prepara unha exposición itinerante sobre o autor.
Lido en La Voz de Galicia.
***
Día das Letras Galegas dedicado a Lorenzo Varela (ficha do autor).
Falarase daquela da literatura do exilio e será unha boa ocasión para recuperar este poeta galego e arxentino con voz en galego e castelán.
***
As novas Normas Ortográficas e Morfolóxicas (descarga do texto completo ou resumo) foron xa aprobadas pola RAG no ano 2003 e pasaron o 2004 sen o pulo que se esperaba. Para o 2005 a situación segue en estado transitorio e o alumnado de 2º de bacharelato que vaia ao selectivo debe saber que "nas probas de xuño e setembro de 2005 non se penalizará o uso de solucións anteriores á revisión do 2003".
***
Os alumnos/as do 1987 seguro que estarán máis pendentes da maioría de idade polo seu 18º cumpreanos. Igual a estrean no anunciado referendo da constitución europea.
***
Harry Potter atacará de novo. A autora xa anunciou: 'Harry Potter and the Half-Blood Prince' to be Published 16th July 2005. En calquera caso, a J.K. Rowling Oficial Site merece unha visita polo seu deseño.
***
E moito traballo por diante, pero aínda é 31 así que San Silvestre, meigas fóra.
Escrito por: Serafín
Comentarios
Antonio dice:
31-12-2004 16:08:01
Uaaaaaaauu, magnífico o derradeiro post do ano 2004 !!!
No hay comentarios:
Publicar un comentario