Este curso parece que tomará maior pulo a oferta dunha conta de correo electrónico para toda a comunidade educativa. O proxecto SIEGA (Sistema de Información da Educación Galega), logo de atender principalmente a mensaxería entre o profesorado, afirma que “unha vez resoltos os problemas técnicos procédese a dar de alta a todo o alumnado de Galicia no novo servizo de mensaxería”.
Para atender a 400.000 alumnos creouse o dominio eduxove.xunta.es. Da recollida de solicitudes, asinadas polos pais en caso dos menores de idade, encargaranse coma ata agora os centros de ensino.
Se o voso titor non vos informa ou non vola ofrece a principio de curso, reclamádea. É de balde, como non.
Escrito por: Serafín
No hay comentarios:
Publicar un comentario